1
Xoán 15:5
Biblia SEPT
Eu son a vide; vós os bacelos. Quen permanece en min e eu nel, ese leva froito abondoso, pois fóra de min non podedes facer nada.
Compare
Explore Xoán 15:5
2
Xoán 15:4
Permanecede en min e eu en vós. Así como o ramo non pode levar froito pola súa conta, se non permanece na vide, vós tampouco, se non permanecedes en min.
Explore Xoán 15:4
3
Xoán 15:7
Se permanecedes en min e as miñas palabras permanecen en vós, pedide o que queirades e hásevos facer.
Explore Xoán 15:7
4
Xoán 15:16
Non me escollestes vós a min, senón que vos escollín eu a vós; e púxenvos para que vaiades e levedes froito e o voso froito permaneza; de xeito que todo o que lle pidades ó Pai no meu nome, volo conceda.
Explore Xoán 15:16
5
Xoán 15:13
Ninguén ten amor meirande ca este: que un dea a súa vida polos amigos.
Explore Xoán 15:13
6
Xoán 15:2
O bacelo que en min non leva froito, arríncao; e o que leva froito, límpao, para que leve máis froito aínda.
Explore Xoán 15:2
7
Xoán 15:12
Este é o meu mandamento: que vos amedes uns a outros coma eu vos amei.
Explore Xoán 15:12
8
Xoán 15:8
Nisto é glorificado meu Pai: en que levedes froito abondoso e vos mostredes coma discípulos meus.
Explore Xoán 15:8
9
Xoán 15:1
Eu son a verdadeira vide, e meu Pai é o labrador.
Explore Xoán 15:1
10
Xoán 15:6
Se alguén non permanece en min, é coma os ramos arrincados fóra, que secan; apáñanos, bótanos no lume e arden.
Explore Xoán 15:6
11
Xoán 15:11
Díxenvos estas cousas, para que a miña alegría estea en vós, e a vosa alegría sexa plena.
Explore Xoán 15:11
12
Xoán 15:10
Se gardades os meus mandamentos, permaneceredes no meu amor, coma eu gardei os mandamentos de meu Pai, e permanezo no seu amor.
Explore Xoán 15:10
13
Xoán 15:17
Mándovos isto: que vos amedes uns a outros.
Explore Xoán 15:17
14
Xoán 15:19
Se fósedes do mundo, o mundo amaríavos coma cousa propia; pero, como eu vos escollín do mundo, por iso o mundo aborrécevos.
Explore Xoán 15:19
Home
Bible
Plans
Videos