1
Lucas 10:19
Biblia SEPT
Porque vos dei poder para pisardes cobras e mais alacráns e poder sobre toda forza inimiga, e nada vos fará mal.
Compare
Explore Lucas 10:19
2
Lucas 10:41-42
Pero o Señor respondeulle: Marta, Marta, preocúpaste e desacóugaste con tantas cousas, pero soamente unha é a necesaria. María escolleu a mellor parte, e esa nunca se lle vai quitar.
Explore Lucas 10:41-42
3
Lucas 10:27
Contestou: Amarás o Señor teu Deus con todo o teu corazón, con toda a túa alma, toda a túa forza e con todo o teu entendemento, e o próximo coma a ti mesmo.
Explore Lucas 10:27
4
Lucas 10:2
Díxolles: A anada évos ben boa, pero os xornaleiros son poucos; así que rogádelle ó dono da colleita que mande xornaleiros á súa ceifa.
Explore Lucas 10:2
5
Lucas 10:36-37
Quen dos tres che parece que foi próximo do que caeu nas mans dos bandidos? El respondeu: O que practicou a misericordia con el. Díxolle Xesús: Pois ti vai e fai outro tanto.
Explore Lucas 10:36-37
6
Lucas 10:3
Ide e sabede que vos mando coma años entre lobos.
Explore Lucas 10:3
Home
Bible
Plans
Videos