Despois levouno a un outeiro e mostroulle nun intre todos os reinos do mundo. Díxolle o Satán:
Dareiche todo o seu poder e toda a súa gloria, porque mos entregaron a min e doullos eu a quen quero: Se me adoras todo será teu.
Respondeulle Xesús:
Escrito está: Adorarás o Señor, o teu Deus, e só a El darás culto.