Xoán 1
1
PRÓLOGO: Xn 1, 1-18
1No principio existía a Palabra,
e a Palabra estaba onda Deus,
e a Palabra era Deus.
2Ela estaba no principio onda Deus.
3Todo foi feito por ela,
e sen ela non se fixo
nada do que foi feito.
4Nela estaba a vida,
e a vida era a luz dos homes;
5A luz aluma na tebra,
e a tebra non a deu apagado.
6Houbo un home
mandado por Deus:
o seu nome era Xoán.
7Este veu de testemuña
para dar testemuño da luz,
para que todos cresen por el.
8Non era el a luz,
senón que veu para dar testemuño da luz.
9(A Palabra) era a verdadeira luz
que aluma a todo home
que vén a este mundo.
10Ela estaba no mundo,
e o mundo foi feito por ela,
pero o mundo non a recoñeceu.
11Veu á súa propiedade,
e os seus non a acolleron.
12Pero a cantos a recibiron,
—ós que cren no seu nome—
déulle-lo poder
de seren fillos de Deus.
13Estes, non naceron do sangue,
nin da vontade da carne,
senón de Deus.
14E a Palabra fíxose carne,
e plantou entre nós a súa tenda,
e nós vimos a súa gloria,
gloria coma de Unixénito
que vén do Pai,
cheo de graza e de verdade.
15Xoán dá testemuño del,
exclamando:
Este évos de quen eu dixen:
"O que vén detrás miña,
pasa diante miña,
pois existía primeiro ca min".
16E da súa abundancia
recibimos todos nós
graza e máis graza.
17Pois a Lei deuse
por medio de Moisés;
a graza e a verdade
realizáronse por Xesús Cristo.
18A Deus ninguén o viu;
o Unixénito, que está no seo do Pai,
foi quen nolo revelou.
O LIBRO DOS SIGNOS: 1, 19-12, 50
Dobre testemuño do Bautista: 1, 19-28. 29-34
19E este é o testemuño de Xoán cando os xudeus lle mandaron de Xerusalén sacerdotes e levitas onda el, para lle preguntar:
Ti quen es?
20El declarou e non negou. Declarou:
Eu non son o Cristo.
21Preguntáronlle:
Entón quen es ti? Es Elías?
Contestou:
Non son.
E-lo profeta?
Respondeu:
Non.
22Daquela dixéronlle:
E, logo, quen es? Para que lles poidamos dar unha resposta ós que nos mandaron. Que dis de ti mesmo?
23El dicía:
Eu son a voz do que clama no deserto, "endereitade o camiño do Señor" (como escribira o profeta Isaías).
24Algúns dos mandados eran fariseos 25e preguntáronlle:
Entón por que bautizas, se non es ti o Cristo nin Elías nin o profeta?
26Xoán respondeulles:
Eu bautizo con auga; mais entre vós está quen vós non coñecedes; 27o que vén detrás miña e eu non son merecente de lle desatar o amalló da sandalia.
28Todo isto pasou en Betania, pola outra banda do Xordán, onde estaba Xoán bautizando.
29O outro día, vendo a Xesús, que viña cara a el, dixo:
Velaí o Año de Deus, o que arrinca o pecado do mundo! 30Este é de quen eu dixen: "Detrás miña vén un home que pasa diante miña, pois existía primeiro ca min". 31Eu non o coñecía, mais para iso vin eu bautizar con auga: para mostralo a Israel. 32E Xoán seguiu testemuñando:
Eu vin o Espírito baixar do ceo coma unha pomba e pousar enriba del. 33Eu non o coñecía, pero o que me mandou bautizar con auga, díxome: "Cando vexas o Espírito baixar e pousar sobre un, ese é o que bautiza co Espírito Santo". 34E eu vino e dou testemuño de que este é o Fillo de Deus.
Os primeiros discípulos de Xesús: Andrés e Pedro: 1, 35-42
35O outro día estaba outra vez Xoán con dous dos seus discípulos 36e, vendo a Xesús que camiñaba, dixo:
Velaquí o Año de Deus.
37Cando os dous discípulos oíron o que el falara, fóronse detrás de Xesús. 38Volveuse Xesús e, vendo que eles o seguían, preguntoulles:
Que buscades?
Eles respondéronlle:
"Rabbí" (que quere dicir "Mestre"), onde paras?
39El díxolles:
Vide e veredes.
E eles foron e viron onde paraba e quedaron con el aquel día. Era contra as catro da tarde.
40Un dos dous que escoitaron a Xoán e seguiron a Xesús era Andrés, o irmán de Simón Pedro. 41Vai e ó primeiro que atopa é a Simón, o seu propio irmán, e dille:
Encontramos o Mesías (que quere dicir Cristo).
42E levouno onda Xesús. O velo, díxolle Xesús:
Ti es Simón, o fillo de Xoán. Ti haste chamar Kefas (que quere dicir Pedro).
Filipe e Natanael: 1, 43-51
43O outro día decidiu Xesús saír para a Galilea; atopou a Filipe e díxolle:
Sígueme.
44Filipe era de Betsaida, da vila de Andrés e mais de Pedro. 45Atopou Filipe a Natanael e díxolle:
Encontramos a aquel de quen escribiu Moisés na Lei e mais os Profetas: a Xesús, o fillo de Xosé, o de Nazaret.
46Contestoulle Natanael:
E de Nazaret pode saír algo bo?
Filipe díxolle:
Ven e verás.
47Viu Xesús a Natanael, que se achegaba, e dixo del:
Aí tedes un verdadeiro israelita, en quen non hai dobrez.
48Preguntoulle Natanael:
E de que me coñeces?
Contestoulle Xesús:
Antes de que Filipe chamase por ti, xa eu te vira, cando estabas debaixo da figueira.
49Respondeulle Natanael:
—Rabbí, ti es o Fillo de Deus, ti es o rei de Israel.
50Díxolle entón Xesús:
Porque che dixen que te vin debaixo da figueira, xa cres? Pois cousas máis grandes has ver.
51E concluíu:
Con toda verdade volo aseguro: habedes ve-lo ceo aberto, e os anxos de Deus subindo e baixando onda o Fillo do Home.
Currently Selected:
Xoán 1: ABGS
Highlight
Share
Copy
Want to have your highlights saved across all your devices? Sign up or sign in
Dereitos reservados: SEPT

:
Highlight
Share
Copy
Want to have your highlights saved across all your devices? Sign up or sign in
Dereitos reservados: SEPT