Xoán 3
3
Conversa de Xesús con Nicodemo: 3, 1-21
1Había entre os fariseos un home chamado Nicodemo, maxistrado dos xudeus. 2Este veu onda el pola noite e díxolle:
—Rabbí: sabemos que viñeches de Deus coma mestre, pois ninguén pode facer estes signos que ti fas, non sendo que Deus estea con el.
3Respondeulle Xesús:
Con toda verdade cho aseguro: como un non naza de novo, non pode ve-lo Reino de Deus.
4Replicoulle Nicodemo:
Como pode un home nacer, sendo vello? Pode entrar outra vez no seo da nai e nacer?
5Respondeulle Xesús:
Con toda verdade cho aseguro: como un non renaza pola auga e o Espírito, non pode entrar no Reino de Deus. 6O que naceu da carne, é carne; e o que naceu do Espírito, é espírito. 7Non che estrañe que eu che dixese "é necesario que vós nazades de novo". 8O vento sopra onde quere e ti séntelo zoar pero non sabes de onde vén nin para onde vai. Así pasa con todo aquel que naceu do Espírito.
9Replicoulle Nicodemo:
Como se pode facer isto?
10Respondeulle Xesús:
Ti es mestre de Israel e non o sabes? 11Con toda verdade cho aseguro: falamos do que coñecemos e testemuñamos o que vimos, pero vós non aceptáde-lo noso testemuño. 12Se dicíndovos cousas terreas, non credes, como iades crer dicíndovos cousas celestiais? 13E ninguén subiu ó ceo, fóra do que baixou do ceo, o Fillo do Home.
14Coma Moisés alzou a serpente no deserto, así debe ser alzado o Fillo do Home, 15para que todo o que cre nel, teña vida eterna. 16Pois de tal xeito amou Deus o mundo, que lle deu o seu Fillo Unixénito, para que todo o que cre nel non se perda, senón que teña vida eterna.
17Non mandou Deus o Fillo ó mundo para que xulgue o mundo, senón para que por el se salve o mundo. 18O que cre nel, non é xulgado; mais o que non cre, xa está xulgado, porque non creu no Fillo Unixénito de Deus. 19Nisto consiste o xuízo: en que, vindo a luz ó mundo, os homes escolleron a tebra en vez da luz, pois as súas obras eran ruíns. 20Pois todo o que fai o mal, odia a luz e non vén cara á luz, para que non o delaten as súas obras. 21Polo contrario, o que obra a verdade vén cara á luz, para que se vexan as súas obras porque están feitas como Deus quere.
Derradeiro testemuño de Bautista: 3, 22-30
22Despois disto, foi Xesús cos seus discípulos á terra de Xudea, e alí vivía con eles e bautizaba. 23Estaba tamén Xoán bautizando en Ainón, preto de Salén, porque había alí moita auga e viñan moitos a se bautizar 24(pois aínda non meteran a Xoán na cadea).
25Houbo entón unha porfía dos discípulos de Xoán cuns xudeus a propósito da purificación. 26Foron onda Xoán e dixéronlle:
—Rabbí, fíxate, aquel que estaba contigo para alá do Xordán, de quen ti deches testemuño, está bautizando e todos van onda el.
27Xoán contestou:
Ninguén pode recibir nada, se non lle vén dado do ceo. 28Vós mesmos sodes testemuñas de que eu dixen: "Eu non son o Cristo, senón que me mandaron diante del". 29A esposa tena o esposo; con todo, o amigo do esposo que está presente e o escoita alégrase de todo corazón coa súa voz. Así é a miña alegría, que agora chega ó seu máximo. 30El debe medrar, e eu minguar.
Xesús completa as palabras de Xoán: 3, 31-36
31Quen vén de arriba, está por riba de todos; quen é da terra, á terra pertence e da terra fala. O que vén do ceo, está por riba de todos; 32do que viu e oíu, disto dá testemuño; pero ninguén acepta o seu testemuño. 33Quen acepta o seu testemuño, confirma que Deus é verdadeiro. 34Porque aquel a quen Deus mandou, fala as palabras de Deus, que non dá o Espírito cunha medida limitada.
35O Pai ama o Fillo e púxolle todas as cousas nas súas mans. 36Quen cre no Fillo, ten vida eterna; pero quen non obedece ó Fillo non verá a vida, que a ira de Deus pesa enriba del.
Currently Selected:
Xoán 3: ABGS
Highlight
Share
Copy
Want to have your highlights saved across all your devices? Sign up or sign in
Dereitos reservados: SEPT

: