Logo de YouVersion
Icono de búsqueda

A Biblia Galega, promovida e editada pola Editorial SEPT en 1989, é a primeira tradución completa da Biblia en lingua galega. A decisión de facer unha versión galega partindo das linguas orixinais tomouse no ano 1973 contando co apoio do arcebispo de Santiago de Compostela. A coordinación estivo a cargo de Andrés Torres Queiruga e Xosé Fernández Lago.

Na promoción, xestión e edición, implícáronse tamén o Presidente e o Director de SEPT, Alfonso Zulueta de Haz e Francisco Domínguez. Practicamente a totalidade dos tradutores traballaron de maneira gratuíta. A Xunta de Galicia financiou a primeira edición no ano 1989, de 5.000 exemplares. Máis adiante fixéronse outras dúas edicións máis do mesmo número de exemplares. Actualmente estase levando a cabo unha revisión e actualización para abordar unha cuarta edición que agardamos publicar axiña en formato físico.

A presente versión, preparada para a web, é unha adaptación ortográfica da terceira edición (2001).


SOCIEDADE DE ESTUDOS, PUBLICACIÓNS E TRABALLOS (SEPT)

ABGS EDITOR

Conocer más

Otras versiones de SOCIEDADE DE ESTUDOS, PUBLICACIÓNS E TRABALLOS (SEPT)