1
Xénese 3:6
Biblia SEPT
A muller reparou que o froito da árbore era saboroso, atraente, e bo para adquirir entendemento. E coa mesma colleu do froito e comeu; logo deulle ó seu home, e tamén el comeu.
Confronta
Esplora Xénese 3:6
2
Xénese 3:1
A serpe era o máis arteiro de todos os animais que o Señor Deus fixera. Díxolle á muller: —"Conque Deus vos prohibiu comer do froito das árbores do xardín?"
Esplora Xénese 3:1
3
Xénese 3:15
Poño hostilidade entre ti e a muller, entre a túa liñaxe e a dela. Ti tentarás de atanguerlle o calcañar, pero ela esmagarache a cabeza".
Esplora Xénese 3:15
4
Xénese 3:16
A muller díxolle:"Terás moitos afáns na túa preñez, parirás con dor os fillos. Devecerás polo teu home, e el dominarate".
Esplora Xénese 3:16
5
Xénese 3:19
Comerar o pan coa túa suor, ata que volvas á terra da que fuches tirado. De feito, ti es po e ó po tes que volver".
Esplora Xénese 3:19
6
Xénese 3:17
O home díxolle: —"Porque lle fixeches caso á túa muller, comendo do froito da árbore que che prohibira comer, por culpa túa será maldita a terra: con traballos tirarás dela a túa mantenza mentres vivas.
Esplora Xénese 3:17
7
Xénese 3:11
Preguntoulle o Señor Deus: —"Quen che dixo que estabas espido? É que comiches da árbore da que che prohibira comer?"
Esplora Xénese 3:11
8
Xénese 3:24
E despois de botalo do xardín, puxo no oriente querubíns con espadas flamexantes, para cortarlle o paso cara á árbore da vida.
Esplora Xénese 3:24
9
Xénese 3:20
O home chamou Eva á súa muller, pois vén ser a nai de todos os que viven.
Esplora Xénese 3:20
Home
Bibbia
Piani
Video