Logo ya YouVersion
Elilingi ya Boluki

Xénese 6

6
A corrupción xeral
1A humanidade creceu, estendeuse pola terra e nacéronlle fillas. 2En vendo os fillos de Deus que as fillas dos homes eran belas, tomaron de entre elas mulleres, como ben lles parecía.
3Entón dixo o Señor: —"O meu alento de vida non permanecerá cos homes para sempre, pois non son máis ca carne. A súa vida non durará máis de cento vinte anos".
4Cando os fillos de Deus se achegaban ás fillas dos homes e tiñan fillos delas, e aínda despois, existían na terra os xigantes. Son os nomeados heroes doutros tempos.
5O ver o Señor que a maldade dos homes medraba na terra e que todos os seus pensamentos eran só para o mal, 6Arrepentiuse de os ter posto sobre a terra, pesoulle no corazón. 7E decidiu: —"Vou borrar da terra o home que creei, e con el tamén o gando, as feras e os paxaros, pois mesmo sinto telos feito". 8Pero Noé achou o favor do Señor.
Noé
9Esta é a historia de Noé. Noé era un home xusto, enteiro, entre as xentes do seu tempo. Seguía os camiños de Deus. 10Tiña tres fillos, Sem, Cam e Iafet.
11Ora que a terra estaba toda enviciada ós ollos de Deus, chea de violencia. 12Deus ollou para a corrupción na que toda a terra caera, pola conduta dos homes, 13e díxolle a Noé: —"Para min chegou a fin de todos os seres vivos, pois por culpa deles está a terra chea de crimes. Vounos exterminar todos con ela.
14Ti constrúe unha arca de madeira resinosa. Fai nela celas e calafatéaa con betume por dentro e por fóra. 15Farala deste xeito: o longo de trescentos cóbados, o ancho de cincuenta, a altura de trinta. 16Poraslle unha cuberta; un cóbado debaixo dela deixaraslle unha bufarra e por un lado unha porta; levará tres pisos superpostos: o baixo, o medio e o alto.
17Eu vou mandar un diluvio —as augas— sobre a terra, para acabar coa vida toda de debaixo do ceo: perecerá canto hai na terra. 18Pero contigo establezo unha alianza. Ti entra na arca cos teus fillos, coa túa muller e coas mulleres de teus fillos. 19Meterás tamén nela, para que salven a vida, unha parella de animais, macho e femia, de todas as especies, 20paxaros, animais domésticos, réptiles, conforme as súas especies respectivas. 21Terás que te prover de alimentos e os gardar contigo, para que vos sirvan de mantenza a ti e mais a eles". 22Noé fixo todo conforme Deus lle mandara.

Currently Selected:

Xénese 6: ABGS

Tya elembo

Share

Copy

None

Olingi kobomba makomi na yo wapi otye elembo na baapareyi na yo nyonso? Kota to mpe Komisa nkombo