Agradoulle ó Señor o recendo e decidiu: —"Non maldicirei a terra outra vez por mor dos homes, por máis que a súa inclinación tenda cara ó mal desde a súa mocidade. Non ferirei outra vez a todos os seres vivos, como acabo de facer.
Namentres a terra dure; sementeira e colleita, frío e calor, verán e inverno, día e noite endexamais non faltarán".