1
Lucas 17:19
Biblia SEPT
E engadiu: Érguete e vaite: salvoute a túa fe.
Compare
Explore Lucas 17:19
2
Lucas 17:4
E se te ofende sete veces no día e sete veces volve a ti dicindo: "Síntoo moito", perdóao.
Explore Lucas 17:4
3
Lucas 17:15-16
E un deles, ó se decatar de que estaba curado, volveu loando a Deus con grandes voces. E prostrándose, rostro en terra, ós pés de Xesús, deulle as grazas. Era un samaritano.
Explore Lucas 17:15-16
4
Lucas 17:3
Andade con coidado. Se o teu irmán che fai mal, repréndeo; se se arrepinte, perdóao.
Explore Lucas 17:3
5
Lucas 17:17
Xesús dixo: Non foron dez os que quedaron limpos? Onde están os outros nove?
Explore Lucas 17:17
6
Lucas 17:6
O Señor respondeulles: Se tivésedes polo menos unha fe coma un gran de mostaza, diriádeslle a esta moreira: "Arríncate e plántate no mar", e seguro que vos obedecía.
Explore Lucas 17:6
7
Lucas 17:33
Quen intente salvar a súa vida perderaa; e quen a perda salvaraa.
Explore Lucas 17:33
8
Lucas 17:1-2
Díxolles ós seus discípulos: É irremediable que haxa escándalos; pero ai de quen os provoca! Máis lle valía que lle colgasen unha pedra de muíño no pescozo e que o largasen ó mar antes que escandalizar a un destes pequeniños.
Explore Lucas 17:1-2
9
Lucas 17:26-27
O que pasou no tempo de Noé pasará tamén no tempo do Fillo do Home. Comían e bebían e casaban eles e elas, ata o día no que Noé entrou na arca; logo veu o diluvio e acabou con todos.
Explore Lucas 17:26-27
Home
Bible
Plans
Videos