Xoán 11
11
A morte de Lázaro: 11, 1-16
1Había un enfermo, Lázaro de Betania, da aldea de María e da súa irmá Marta. 2María fora a que unxira ó Señor con perfume e lle enxugara os pés cos seus cabelos; o seu irmán Lázaro era o enfermo. 3Por iso, as irmás mandaron a dicirlle a Xesús:
Señor, mira, o que amas está enfermo.
4O oílo, dixo Xesús:
Esta enfermidade non é para a morte, senón para a gloria de Deus, a fin de que por ela se glorifique o Fillo de Deus.
5Xesús queríalles moito a Marta, á irmá dela, e mais a Lázaro. 6Aínda que oíu que este estaba enfermo, deixouse estar aínda por dous días no sitio onde se atopaba. 7Despois disto, díxolles ós discípulos:
Vaiamos outra vez á Xudea!
8Os discípulos respondéronlle:
Mestre, aínda non hai nada que te querían apedrar os xudeus, e vas ir outra vez alí?
9Xesús replicou:
Non hai doce horas de día? Se alguén camiña de día, non tropeza, pois ve a luz deste mundo; 10mais se alguén camiña de noite, tropeza, pois non hai luz nel.
11En dicindo isto, proseguiu:
Lázaro, o noso amigo, dorme; pero eu vouno espertar.
12Dixéronlle entón os discípulos:
Señor, se dorme, curará.
13Xesús dicíao da morte. Pero eles coidaban que falaba do repouso do sono. 14Entón Xesús díxolles abertamente:
Lázaro morreu, 15e alégrome por vós de non estarmos alí, para que creades. Así que vamos onda el!
16Díxolles entón Tomé o chamado Xemelgo ós outros discípulos:
Vaiamos tamén nós morrer con el!
Xesús é a Resurrección e a Vida: 11, 17-27
17Cando chegou Xesús, atopouse con que Lázaro xa levaba catro días no sepulcro. 18Betania estaba preto de Xerusalén, a uns tres quilómetros: 19moitos dos xudeus foran onda Marta e María para lles daren o pésame polo irmán. 20Cando oíu Marta que Xesús estaba chegando, saíulle ó encontro. María, en cambio, quedou na casa. 21Díxolle entón Marta a Xesús:
Señor, se ti estiveses aquí, meu irmán non morrería; 22pero eu sei que, aínda agora, Deus che concederá calquera cousa que lle pidas.
23Xesús díxolle:
Teu irmán resucitará.
24Marta respondeulle:
Ben sei que resucitará na resurrección, no día derradeiro.
25Díxolle Xesús:
Eu son a resurrección e a vida. Quen cre en min, aínda que morra, vivirá; 26e todo o que vive e cre en min, non morrerá endexamais. Cres ti isto?
27Ela respondeu:
Si, Señor: eu creo que ti es o Cristo, o Fillo de Deus, que había de vir ó mundo.
Conmoción e pranto de Xesús: 11, 28-37
28E, ditas estas cousas, saíu e chamou por María, súa irmá, dicíndolle polo baixo:
O Mestre está aquí e chama por ti.
29Ela, ó oílo, ergueuse de contado e foi onda el. 30(Aínda non chegara Xesús á aldea, senón que estaba no mesmo sitio onde o atopara Marta). 31Entón os xudeus que estaban con ela na casa para lle daren o pésame, vendo a María que se ergueu de contado e saíu, foron detrás dela, coidando que ía á sepultura para chorar alí. 32María chegou onde estaba Xesús e, ó velo, caeu ós seus pés, dicíndolle:
Señor, se ti estiveses aquí, non morrería meu irmán.
33O ver Xesús que ela estaba chorando, e tamén os xudeus que viñeran con ela, apertóuselle o corazón e, profundamente conmovido, 34preguntou:
Onde o puxestes?
Contestáronlle:
Señor, ven ver.
35E Xesús botouse a chorar.
36Entón comentaban os xudeus: "Ai que ver como o quería!"
37Pero algúns deles dixeron: "E logo este, que deu vista ós ollos dun cego, non podía facer que non morrese?"
Xesús devólvelle a vida a Lázaro: 11, 38-44
38Xesús estremecéndose de novo, chegou á sepultura. Era unha cova, e tiña unha pedra por riba.
39Xesús ordenou:
Arredade a pedra.
Marta, a irmá do finado, díxolle:
Señor, xa cheira, que leva catro días.
40Xesús contestoulle:
Non che dixen que se cres, verás a gloria de Deus?
41Arredaron entón a pedra. Xesús ergueu os ollos e dixo:
Meu Pai, douche grazas porque me escoitaches. 42Eu ben sabía que ti sempre me escoitas, pero díxeno pola xente que está aquí, para que crean que ti me mandaches.
43E dito isto, gritou con voz forte:
Lázaro, ven para fóra!
44Saíu o morto; tiña os pés e as mans atados con vendas e a cara envolta nun sudario. Xesús ordenoulles:
Desenleádeo e deixádeo ir.
O Sanedrín decide quitarlle a vida a Xesús: 11, 45-53
45Entón, moitos dos xudeus que viñeran onda María, vendo o que fixo, creron nel. 46Pero algúns deles foron onda os fariseos, e contáronlles o que fixera Xesús. 47Entón os sumos sacerdotes e os fariseos reuniron o Sanedrín e dicían:
Que imos facer? Porque este home fai moitos signos. 48Se o deixamos así, todos crerán nel e virán os romanos e quitarannos o noso lugar santo e mais a nosa nación.
49Pero un deles, Caifás, que era o Sumo Sacerdote aquel ano, díxolles:
Non entendedes nada. 50Non coidades que vos convén que morra un home polo pobo e non que pereza a nación enteira?
51Iso non o dixo pola súa conta, senón que, sendo Sumo Sacerdote aquel ano, profetizou que Xesús había de morrer pola nación; 52e non só pola nación, senón tamén para reunir os fillos de Deus que estaban dispersos. 53Por iso, desde aquel día, decidiron matalo.
Xesús retírase á espera da "hora": 11, 54-57
54En consecuencia, Xesús xa non andaba á vista entre os xudeus. Marchou para a rexión estremeira co deserto, a unha vila chamada Efraím, e alí permanecía cos seus discípulos. 55Estaba próxima a Pascua dos xudeus e subiron moitos daquela rexión a Xerusalén antes da Pascua, para se purificaren. 56Andaban entón buscando a Xesús, e cando estaban no templo, preguntábanse entre eles: "Que vos parece? Non virá á festa?". 57Pero os sumos sacerdotes e os fariseos tiñan dada orde de que, se alguén sabía onde estaba, que o comunicase para lle botaren man.
Currently Selected:
Xoán 11: ABGS
Highlight
Share
Copy
Want to have your highlights saved across all your devices? Sign up or sign in
Dereitos reservados: SEPT

: