Lucas 3
3
PREPARACIÓN DO MINISTERIO DE XESÚS
Predicación de Xoán Bautista (Mt 3, 1-12; Mc 1, 1-8; Xn 1, 19-28)
1No ano quince do reinado do emperador Tiberio César, sendo Poncio Pilato gobernador de Xudea e Herodes tetrarca de Galilea; sendo Filipo, o seu irmán, tetrarca de Iturea e mais da Traconítide, e Lisanias, tetrarca de Abilene: 2durante o pontificado de Anás e Caifás, chegoulle a Palabra de Deus a Xoán, fillo de Zacarías, no deserto. 3Entón el percorreu toda a rexión do Xordán, pregoando un bautismo de conversión, para acadar o perdón dos pecados, 4conforme está escrito no libro do profeta Isaías:
Unha voz chama no deserto:
Preparade os camiños do Señor,
reparade os seus vieiros.
5Todo barranco se cubrirá
todo monte e outeiro se rebaixará,
os camiños tortos hanse endereitar
e os fragosos hanse achanzar.
6E todos verán a salvación de Deus.
7Ia onda el moita xente a que os bautizase, e el dicíalles:
Camada de víboras! quen vos ensinou a fuxir do castigo que está a chegar? 8Dade froitos dignos dunha verdadeira conversión, e non empecedes a dicir entre vós: "Somos fillos de Abraham". Asegúrovos que destas mesmísimas pedras pode sacar Deus fillos de Abraham. 9Xa está a machada posta á raíz das árbores, e toda árbore que non dea bo froito, será cortada e botada no lume.
10E a xente preguntáballe:
E logo, que temos que facer?
11El respondíalles:
O que teña dúas túnicas, que as reparta con quen non teña ningunha; e que faga o mesmo o que teña que comer.
12Foron tamén uns recadadores a se bautizar, e preguntáronlle:
Mestre, que temos que facer?
13El contestoulles:
Non esixades nada máis do que vos está mandado.
14Tamén uns soldados lle preguntaron:
E nós, que temos que facer?
El contestoulles:
Non asoballedes nin saqueedes a ninguén, e contentádevos coas vosas pagas.
15Como o pobo estaba esperando polo Mesías, empezaba a pensar se acaso non o sería Xoán; 16pero el declarou diante de todos:
Eu bautízovos con auga, pero está a chegar o que é máis forte ca min, e a quen eu non son digno de lle desatar os amallós do seu calzado. El havos bautizar con Espírito Santo e con lume. 17Porque trae a forcada na man, para limpar a súa eira e recoller na hucha o seu trigo; pero a palla ha de a queimar no lume que nunca apaga.
18Con esta e outras moitas exhortacións anunciáballe a Boa Nova á xente.
19Pero Herodes, o tetrarca, a quen Xoán reprendía por causa de Herodías, a súa cuñada, e por outros crimes, 20colmounos todos facendo aínda este: meteu a Xoán na cadea.
Bautismo de Xesús (Mt 3, 13-17; Mc 1, 9-11)
21Durante un bautismo xeral, e despois de se bautizar tamén Xesús, mentres oraba, abriuse o ceo 22e baixou sobre el o Espírito Santo na aparencia corporal dunha pomba. Entón oíuse unha voz desde o ceo:
Ti es o meu fillo benquerido, o meu predilecto; en ti me comprazo.
Xenealoxía de Xesús
23Este era Xesús, que tiña trinta anos ó empezar; fillo, segundo se pensaba, de Xosé, que o era de Helí, 24o de Matat, o de Leví, o de Melquí, o de Xanaí, o de Xosé, 25o de Matatías, o de Amós, o de Nahúm, o de Eslí, o de Nagai, 26o de Máhat, o de Matatías, o de Semeín, o de Ioseh, o de Iodá, 27o de Iohanán, o de Resá, o de Zerubabel, o de Xealtiel, o de Nerí, 28o de Melquí, o de Adí, o de Casam, o de Elmadam, o de Er, 29o de Xesús, o de Eliezer, o de Iozim, o de Matat, o de Leví, 30o de Simeón, o de Xudá, o de Xosé, o de Ionam o de Eliaquim, 31o de Meleá, o de Mená, o de Matatá o de Natán, o de David, 32o de Iexé, o de Iobed, o de Boaz, o de Salá, o de Naasón, 33o de Aminadab, o de Admín, o de Arní, o de Esrón, o de Peres, o de Xudá, 34o de Xacob, o de Isaac, o de Abraham, o de Tara, o de Nacor, 35o de Seruc, o de Ragau, o de Pélec, o de Éber, o de Salá, 36o de Cainam, o de Arfaxad, o de Xem, o de Noé, o de Lámec, 37o de Metuxalem, o de Henoc, o de Iáret, o de Malelel, o de Cainam, 38o de Enox, o de Xet, o de Adam, o de Deus.
Currently Selected:
Lucas 3: ABGS
Highlight
Share
Copy
![None](/_next/image?url=https%3A%2F%2Fimageproxy.youversionapistaging.com%2F58%2Fhttps%3A%2F%2Fweb-assets.youversion.com%2Fapp-icons%2Fen.png&w=128&q=75)
Want to have your highlights saved across all your devices? Sign up or sign in
Dereitos reservados: SEPT

: