Lucas 2
2
Nacemento de Xesús (Mt 1, 18-25)
1Saíu daquela un decreto do emperador Augusto, ordenando o empadroamento de todo o mundo. 2Foi o primeiro censo que se fixo; por entón era Quirino gobernador de Siria. 3E todos, en cadansúa cidade, fóronse empadroar.
4Tamén subiu Xosé desde Galilea, da vila de Nazaret, ata Xudea, á vila de David chamada Belén, pois pertencía á casa e familia de David, 5para empadroarse con María, a súa muller, que estaba embarazada. 6E resultou que, estando alí, chegoulle o tempo do parto, 7e deu á luz o seu fillo primoxénito. Envolveuno nuns capizos e deitouno nunha manxadoira, na corte das bestas, porque dentro da pousada non había lugar para eles.
Alegría de anxos e pastores
8Había naquela comarca uns pastores que pasaban a noite ó descuberto vixiando o seu rabaño. 9Presentóuselles un anxo do Señor, e a gloria do Señor rodeounos co seu resplandor. Eles levaron un gran susto. 10Pero o anxo díxolles:
Non vos asustedes, que vos veño anunciar unha boa nova: vai haber unha gran alegría para todo o pobo. 11Hoxe na vila de David naceuvos un Salvador, o Mesías, Señor. 12Este é o sinal: atoparedes unha criatura envurullada e deitada nunha manxadoira, nunha corte.
13E, de súpeto, arredor do anxo apareceu unha multitude do exército celestial, que louvaba a Deus dicindo:
14Gloria a Deus no ceo
e na terra paz ós homes
que gozan do seu amor!
15Cando os anxos se retiraron marchándose ó ceo, comentaban os pastores entre eles:
Vaiamos a Belén ver o que sucedeu e que o Señor nos manifestou.
16Foron a correr e atoparon a María e mais a Xosé, e á criatura deitada na manxadoira. 17O que o viron, contaron todo o que lles dixeran do meniño, 18deixando pasmados a cantos escoitaban o que tal dicían os pastores. 19María, pola súa parte, conservaba todas estas cousas no seu corazón. 20Os pastores volveron, glorificando e loando a Deus por canto viran e oíran, tal como lles fora anunciado.
Circuncisión e presentación do neno
21Os oito días tocaba circuncidar o neno e puxéronlle de nome Xesús, tal como o chamara o anxo antes da súa concepción.
22E cando chegou o tempo da purificación, conforme a Lei de Moisés, levaron o neno a Xerusalén, para llo presentaren ó Señor 23(pois así está escrito na Lei do Señor: Todo varón primoxénito consagraredes ó Señor), 24e tamén para faceren unha ofrenda , conforme se di na Lei do Señor: Un par de rulas ou dous pombiños.
25Vivía nese tempo en Xerusalén un home xusto e piadoso, chamado Simeón, que agardaba a restauración de Israel. O Espírito Santo, que estaba con el, 26tíñalle prometido que non había morrer sen ver o Unxido do Señor.
27Movido polo Espírito, foi ó templo, e, cando entraban os pais do neno Xesús para cumpriren o mandado pola Lei do Señor, 28el, colléndoo nos brazos, loou a Deus dicindo:
29Agora podes, Señor, segundo a túa promesa,
despedir en paz o teu servo,
30porque xa os meus ollos viron o teu Salvador,
31o que preparaches para todos os pobos:
32luz de revelación para os xentís
e gloria do teu pobo Israel.
33O pai e mais a nai do neno ficaron abraiados polo que tal dicía do neno. 34Bendiciunos Simeón e díxolle a María, a nai:
Mira, este está disposto para caída ou levantamento de moitos en Israel, para ser bandeira de discusión; 35e a ti mesma unha espada hache atravesar a alma: así ficarán descubertas as cavilacións de moitos corazóns.
36Había tamén unha profetisa moi vella chamada Ana, filla de Penuel, da tribo de Axer, que vivira sete anos co seu marido desde que casara, 37e logo como viúva ata os oitenta e catro. Non se apartaba do templo nin de noite nin de día, servindo a Deus con xaxún e oracións. 38Presentándose naquel intre no templo, glorificaba a Deus e falaba do neno a todos os que esperaban a redención de Xerusalén.
39Cando remataron todo o ordenado pola Lei do Señor, volveron para Galilea, á vila de Nazaret. 40O neno ía medrando lanzal, forte e intelixente; e a graza de Deus estaba con el.
Xesús queda no templo
41Polas festas da Pascua seus pais ían todos os anos a Xerusalén. 42E así, cando o neno tivo doce anos, subiron á festa, conforme a tradición. 43Pasados aqueles días, cando eles volvían o neno Xesús quedou en Xerusalén, sen que seus pais se decatasen. 44Coidando que iría na comitiva, fixeron unha xornada de camiño; entón buscárono entre os parentes e coñecidos. 45Pero como non deron con el, volveron a Xerusalén para buscalo. 46E resulta que, ó cabo de tres días, atopárono no templo, sentado no medio dos doutores e dialogando con eles. 47Todos os que o escoitaban estaban asombrados do seu talento e das súas contestacións. 48O velo, ficaron moi impresionados, e a súa nai preguntoulle:
Meu fillo! Como te portaches así connosco? Mira que o teu pai e mais eu andamos cheos de angustia en busca túa.
49El respondeu:
E logo por que me buscades? Seica non sabiades que eu teño que estar na casa de meu Pai?
50Pero eles non entenderon a resposta. 51Baixou con eles a Nazaret, e vivía baixo a súa autoridade. A nai conservaba todas estas cousas no seu corazón.
52Xesús medraba en estatura, en sabedoría e en graza diante de Deus e mais dos homes.
Currently Selected:
Lucas 2: ABGS
Highlight
Share
Copy
![None](/_next/image?url=https%3A%2F%2Fimageproxy.youversionapistaging.com%2F58%2Fhttps%3A%2F%2Fweb-assets.youversion.com%2Fapp-icons%2Fen.png&w=128&q=75)
Want to have your highlights saved across all your devices? Sign up or sign in
Dereitos reservados: SEPT

: