Lucas 8
8
Acompañantes de Xesús
1Despois disto púxose a percorrer vilas e aldeas, predicando e anunciando a Boa Nova do Reino de Deus. Ían con el os Doce 2e mais algunhas mulleres que el curara de doenzas e de malos espíritos: María, chamada a Magdalena, curada de sete demos, 3Xoana, a muller de Cusa, administrador de Herodes, Susana e outras moitas que o servían cos seus bens.
Parábola do sementador (Mt 13, 1-9; Mc 4, 1-9)
4Como se xuntaba moita xente, chegada de moitas vilas, propúxolles esta parábola:
5Unha vez saíu un labrador a sementar. E ó botar a semente, parte dela foi caendo polo camiño adiante, a xente pisouna e os paxaros comérona. 6Outra caeu entre as pedras, pero xermolou, secou, por non ter lentura. 7Outra caeu entre silvas, pero ó medrar a silveira, afogouna. 8Outra caeu en boa terra, e xermolou dando o cento por un.
A continuación exclamou:
Quen teña oídos para oír, que escoite.
O motivo das parábolas (Mt 13, 10-17; Mc 4, 10-12)
9Entón preguntáronlle os seus discípulos que significaba aquela parábola. 10El respondeu:
A vós concedéusevos coñecer os misterios do Reino de Deus, pero ós outros unicamente en parábolas, de xeito que
vendo, non vexan
e escoitando, non entendan.
Explicación da parábola (Mt 13, 18-23; Mc 4, 13-20)
11A parábola significa isto: a semente é a Palabra de Deus. 12Os do camiño son os que tan pronto como oen a Palabra, vén o Satán e repáñallela do seu corazón, non vaia ser que crean e se salven. 13Os das pedras son aqueles que cando a oen, acollen con alegría a Palabra; pero, como non teñen raíz, cren por certo tempo, mais, cando vén a tentación, abandonan. 14Os das silvas son os que a escoitan; pero por mor das preocupacións, riquezas e praceres da vida, non chega a madurecer. 15Os da terra boa, son aqueles de bo e xeneroso corazón, que escoitando a Palabra, retéñena, producindo froito coa súa perseveranza.
Parábola do candil (11, 33; Mt 5, 15; Mc 4, 21-25)
16Agora ben, ninguén acende un candil para cubrilo cunha ola ou para o meter debaixo da cama, senón para poñelo nun candeeiro e alumar así a cantos entren. 17Por-que non hai cousa oculta que non se chegue a saber nin segredo que non se chegue a descubrir e traer á luz pública. 18Atendede, logo, ben ó que estades escoitando, porque a quen ten, daráselle; pero a quen non ten, háselle quitar aínda o que cre ter.
A nai e os irmáns de Xesús (11, 27-28; Mt 12, 46-50; Mc 3, 31-35)
19Apareceron a súa nai e mais os seus irmáns, pero debido á moita xente non se podían achegar a el. 20Entón avisárono:
A túa nai e mais os teus irmáns están fóra, e quérente ver.
21El respondeulles:
A miña nai e mais os meus irmáns son os que escoitan a Palabra de Deus e a levan á práctica.
O temporal (Mt 8, 23-27; Mc 4, 35-41)
22Un día embarcou nun bote xunto cos seus discípulos e díxolles:
Veña! Imos para a banda de alá do lago.
Desatracaron 23e mentres navegaban botouse a durmir. Nisto caeu sobre o lago un gran remuíño de vento, e a lancha anegábase, poñéndoos en perigo. 24Achegáronse a espertalo, dicíndolle:
Mestre, que afogamos!
El espertou, e berroulles ó vento e ás ondas. Amainaron e veu unha gran calma. 25Díxolles despois:
Onde está a vosa fe?
Eles, sorprendidos e admirados, dicían entre eles:
Pero, quen é este, que manda nos ventos e na auga?
Curación dun endemoñado (Mt 8, 28-34; Mc 5, 1-20)
26Arribaron ó país dos xerasenos, que está en fronte de Galilea. 27O desembarcaren, saíulle ó paso certo home endemoñado da vila, que desde había tempo vivía sen roupa e sen casa. Moraba nos sepulcros.
28O ver a Xesús, púxose a barullar e foi caer ó pé del berrando:
Que teño eu que ver contigo, Xesús, Fillo do Deus Altísimo? Pídoche por favor que non me atormentes.
29E era que el lle estaba mandando ó espírito malo saír daquel home, xa que en moitas ocasións se apoderara del e tíñano que atar con cadeas e grillóns para contelo; pero tronzaba os ferrollos, e o demo turraba por el cara ós campos ermos.
30Xesús preguntoulle:
Como te chamas?
El respondeu:
Chámanme Lexión.
E é que eran moitos os demos que tiña no corpo. 31Suplicábanlle que non os mandase ir para o abismo. 32E cadrou que andaba unha boa manada de porcos comendo polo monte; entón eles rogáronlle que lles permitise entrar neles; el accedeu. 33E saíndo do home fóronse meter nos porcos, que se chimparon polo barranco abaixo, e foron afogar no lago.
34Vendo os porqueiros tal cousa, fuxiron, levando a novidade pola vila e polas aldeas. 35A xente veu ver o que pasara, achegándose a onde estaba Xesús. Alí atoparon o home, do que saíran os demos, vestido e cheo de xuízo, sentado ós pés de Xesús; e quedaron asustados. 36Os que viran o feito contáronlles como salvara ó posuído. 37Entón a xente toda da rexión veciña dos xerasenos rogoulle que saíse de alí, porque estaban cheos de pánico. El, embarcándose, deu volta. 38O home que tivera os demos pedíalle que o deixase ir con el; pero Xesús despediuno, dicíndolle:
39Volve para a túa casa, e conta o moito que Deus fixo contigo.
E foise, pregoando pola vila enteira canto Xesús lle fixera.
A filla de Xairo e a muller con hemorraxias (Mt 9, 18-26; Mc 5, 21-43)
40Ó volver, Xesús foi recibido pola xente, pois todos estaban a agardar por el. 41Nisto chega un home chamado Xairo, que era o xefe da Sinagoga, bótase ós pés del e suplicáballe que entrase na súa casa, 42porque tiña a súa filla única de doce anos ás portas da morte. E indo para alá, a xente non paraba de apertalo.
43Unha muller que padecía de hemorraxias desde había doce anos, sen que ninguén a puidese curar, 44Achegouse por detrás, tocoulle a orla da roupa e no instante cortóuselle a hemorraxia. 45Entón Xesús preguntou:
Quen foi o que me tocou?
Todos dixeron que eles non foran, e Pedro replicou:
Pero, Mestre a xente estate apertando por todos os lados!
46Pero Xesús porfiou:
Alguén me tocou, que eu ben me decatei de que unha forza saía de min.
47Entón a muller, tremendo, veu caer ante el, manifestando diante de todo o pobo por que o tocara e como curara no instante. 48El díxolle:
Filla, a túa fe sandoute, vai en paz.
49Estando aínda a falar, chegou un da casa do xefe da sinagoga a dicirlle:
A túa filla morreu, non molestes máis ó Mestre.
50Mais Xesús escoitou aquilo é díxolle:
Non teñas medo: ti ten fe, e a rapaza hase salvar.
51O chegar á casa, non permitiu a ninguén entrar con el agás Pedro, Xoán, Santiago e o pai e mais a nai da nena. 52Todos choraban moi aflixidos por ela. Pero Xesús dixo:
Non choredes: non morreu, está a durmir.
53A xente facía riso del, sabendo ben que estaba morta. 54Entón El, colleuna pola man e chamouna dicindo:
Acorda, rapaza!
55A rapaza recobrou o alento e coa mesma ergueuse; Xesús mandou que lle desen de comer á rapaza. Os pais quedaron admirados; 56pero Xesús mandoulles non contar nada do sucedido.
Currently Selected:
Lucas 8: ABGS
Highlight
Share
Copy
Want to have your highlights saved across all your devices? Sign up or sign in
Dereitos reservados: SEPT

: