Xénese 5
5
Patriarcas antediluvianos
1Xenealoxía da humanidade. Cando Deus creou o home, fíxoo á súa imaxe. 2Creounos home e muller, e bendiciunos. O crealos, chamounos homes.
3Adam tiña cento trinta anos cando xerou un fillo, imaxe súa e semellante a el. Púxolle o nome de Xet. 4Adam viviu aínda oitocentos anos, e tivo outros fillos e fillas. 5Por xunto viviu Adam novecentos trinta anos, e logo morreu.
6Xet tiña cento cinco anos cando lle naceu Enox. 7Despois viviu oitocentos sete anos e tivo outros fillos e fillas. 8Por xunto viviu Xet novecentos doce anos, e logo morreu.
9Enox tiña noventa anos cando lle naceu Quenán. 10Viviu aínda oitocentos quince anos, e tivo outros fillos e fillas. 11Por xunto viviu novecentos cinco anos, e logo morreu.
12Quenán tiña setenta anos cando lle naceu Mahalalel. 13Despois viviu oitocentos corenta anos, e tivo outros fillos e fillas. 14Por xunto viviu novecentos dez anos, e logo morreu.
15Mahalalel tiña sesenta e cinco anos cando lle naceu Iared. 16Viviu aínda oitocentos trinta anos, e tivo outros fillos e fillas. 17Por xunto viviu oitocentos noventa e cinco anos, e logo morreu.
18Iared tiña cento sesenta e dous anos cando lle naceu Henoc. 19Despois viviu oitocentos anos, e tivo outros fillos e fillas. 20Por xunto viviu novecentos sesenta e dous anos, e logo morreu.
21Henoc tiña sesenta e cinco anos cando lle naceu Metuxalén. 22Andou o camiño con Deus. Despois de lle nacer Metuxalén viviu aínda trescentos anos, e tivo outros fillos e fillas. 23Por xunto viviu trescentos sesenta e cinco anos. 24Andou o camiño con Deus, e logo desapareceu, porque Deus o levou.
25Metuxalén tiña cento oitenta e sete anos cando lle naceu Lámec. 26Despois viviu setecentos oitenta e tres anos, e tivo outros fillos e fillas. 27Por xunto viviu novecentos sesenta e nove anos, e logo morreu.
28Lámec tiña cento oitenta e dous anos cando lle naceu un fillo. 29Púxolle o nome de Noé, esperando: Este hanos aliviar dos traballos e angueiras que por culpa da maldición do Señor nos causa a terra. 30Despois viviu cincocentos noventa e cinco anos, e tivo outros fillos e fillas. 31Por xunto viviu Lámec setecentos setenta e sete anos, e logo morreu. 32Noé tiña cincocentos cando lle naceron Sem, Cam e Iafet.
अहिले सेलेक्ट गरिएको:
Xénese 5: ABGS
हाइलाइट
शेयर गर्नुहोस्
कपी गर्नुहोस्
तपाईंका हाइलाइटहरू तपाईंका सबै यन्त्रहरूमा सुरक्षित गर्न चाहनुहुन्छ? साइन अप वा साइन इन गर्नुहोस्
Dereitos reservados: SEPT