Xénese 7
7
O diluvio
1O Señor díxolle a Noé: —"Entra na arca con toda a túa familia, pois teño visto que ti es o home xusto desta xeración. 2De todo animal puro colle sete parellas, macho e femia; dos non puros, unha parella, macho e femia; 3dos paxaros, tamén sete parellas, macho e femia, para que se garde viva a especie na terra. 4Dentro de sete días farei chover sobre a terra corenta días seguidos, coas súas noites, e varrerei da face da terra os seres todos que creei".
5Noé fixo todo conforme lle mandara o Señor. 6Tiña seiscentos anos cando veu o diluvio sobre a terra. 7Para se salvar del, entrou na arca cos seus fillos, coa súa muller e coas súas noras. 8Con Noé entraron na arca animais puros e impuros, paxaros e todas as especies de réptiles que hai na terra, por 9parellas, macho e femia, conforme Deus lle mandara.
10O cabo de sete días as augas do diluvio alagaban a terra. 11Noé tiña seiscentos anos, e era o día dezasete do segundo mes, cando se espalancaron as fontes do abismo, en riba do firmamento, e se abriron as comportas do ceo. 12Choveu sobre a terra corenta días coas súas noites.
13Nese mesmo día entrou Noé na arca cos seus fillos, Sem, Cam e Iafet, coa súa muller e coas tres noras. 14Ademais deles entraron animais de todas as especies, gandos, réptiles, aves, paxaros. 15Con Noé entraron na arca parellas de todos os seres con vida, 16macho e femia de cada especie, conforme Deus lle mandara. Despois o Señor pechou por fóra.
17Durante corenta días caeu un diluvio sobre a terra. As augas, ó encheren, erguían a arca sobre o chan. 18Chegaron a medrar tanto, que a arca aboiaba por riba delas. 19Subiron máis e máis sobre a terra, ata cubrir las máis altas montañas que hai debaixo do ceo. 20Cubríanas a feito, rebordando por riba delas quince cóbados.
21Todas as criaturas vivas que se moven na terra pereceron: paxaros, gandos, feras, réptiles e os mesmos homes. 22Morreu canto tiña alento de vida polo nariz, todo o que hai na terra. 23Foron exterminados todos os seres vivos, desde os homes ós gandos, desde os réptiles ós paxaros; todo foi borrado da terra. Quedaron soamente Noé e os que estaban con el na arca. 24A auga dominou sobre a terra por cento cincuenta días.
अहिले सेलेक्ट गरिएको:
Xénese 7: ABGS
हाइलाइट
शेयर गर्नुहोस्
कपी गर्नुहोस्
तपाईंका हाइलाइटहरू तपाईंका सबै यन्त्रहरूमा सुरक्षित गर्न चाहनुहुन्छ? साइन अप वा साइन इन गर्नुहोस्
Dereitos reservados: SEPT