Xoán 13
13
A DERRADEIRA CEA: 13, 1-17, 26
O lavado dos pés: 13, 1-20
1Antes da festa da Pascua, sabía Xesús que lle chegara a hora de pasar deste mundo para onda o Pai; e xa que amara ós seus que estaban no mundo, amounos ata a fin.
2E mentres ceaban xa o Satán lle movera o corazón a Xudas, o de Simón Iscariote, para que o entregase, 3sabendo que o Pai lle puxera todo nas mans, e que saíra de Deus e ía onda Deus, 4ergueuse da mesa e deixou a túnica; e collendo unha toalla, cinguiuse con ela. 5Despois, botou auga nunha almofía e comezou a lavarlles os pés ós discípulos e a secárllelos coa toalla que levaba cinguida. 6Pero, cando chegou onda Simón Pedro, este díxolle:
Señor, vasme lavar os pés ti a min?
7Xesús respondeulle:
O que eu fago, ti non o entendes agora; halo comprender despois.
8Pedro replicoulle:
Ti non me lavarás os pés a min endexamais.
Xesús respondeulle:
Se non te lavo, non terás parte comigo.
9Exclamou Simón Pedro:
Señor, daquela os pés, as mans e mais a cabeza.
10Dille Xesús:
Quen se bañou, non precisa máis que lavar os pes, pois está todo limpo; e vós estades limpos, aínda que non todos.
11Sabía quen o había de entregar: por iso dixo "non todos estades limpos".
12Despois que Xesús lles lavou os pés e vestiu a súa túnica, sentou outra vez e preguntoulles:
Comprendedes o que fixen convosco? 13Vós chamádesme "Mestre" e "Señor" e dicides ben porque o son. 14Logo, se eu, o Señor e o Mestre, vos lavei os pés, tamén vós debedes lavarvos os pés uns a outros. 15Deivos así un exemplo, para que, coma eu fixen convosco, así fagades tamén vós. 16Con toda verdade volo aseguro: o servo non é meirande có seu Señor, nin o mensaxeiro é meirande ca quen o mandou. 17Se sabedes estas cousas, seredes felices, con tal de que as cumprades.
18Non o digo por todos vós: eu sei ben a quen escollín; pero para que se cumpra a Escritura: O que come comigo o pan, levantou contra min o seu pé. 19Dígovolo desde agora, antes de que suceda, para que cando suceda, creades que eu son. 20Con toda verdade volo aseguro: quen acolla a aquel que eu mande, acólleme a min; e quen me acolle a min, acolle a quen me mandou.
Xesús anuncia a traizón: 13, 21-30
21Dito isto, Xesús turbouse no seu interior e declarou abertamente:
Con toda verdade volo digo: un de vós hame de entregar.
22Os discípulos miraban uns para outros, sen saberen de quen falaba. 23Estaba recostado no peito de Xesús un dos seus discípulos, aquel a quen Xesús amaba. 24Entón Simón Pedro fíxolle un aceno, para que lle preguntase a quen aludía. 25Daquela el, así apoiado no peito de Xesús, preguntoulle:
Señor, quen é?
26Xesús respondeulle:
É aquel a quen eu lle vou dar o pan mollado.
E mollando o pan, deullo a Xudas, o de Simón Iscariote. 27E naquel instante, xunto co pan, entrou nel Satán. Entón díxolle Xesús:
O que vas facer, faino axiña.
28Ningún dos que estaban sentados á mesa comprendeu por que lle dixera isto. 29Algúns coidaban que, ó ter Xudas a bolsa do diñeiro, dicíalle Xesús: "merca o que precisamos para a festa", ou que lles dese algo ós pobres. 30El, collendo o pan, saíu axiña. Era de noite.
O mandamento novo: 13, 31-35
31Cando saíu, dixo Xesús:
Agora queda glorificado o Fillo do Home e Deus queda glorificado nel. 32Se Deus queda glorificado nel, tamén Deus o glorificará a el e hao glorificar axiña. 33Meus fillos: só un pouquiño estarei convosco. Habédesme buscar, pero, como lles dixen ós xudeus, dígovolo a vós agora: "onde vou eu, vós non podedes vir". 34Douvos un mandamento novo: amádevos uns a outros; como eu vos amei, amádevos tamén entre vós. 35Nisto coñecerán todos que sodes os meus discípulos: se vos tedes amor uns a outros.
Predición da negación de Pedro: 13, 36-38
36Simón Pedro preguntoulle:
Señor, onde vas?
Xesús respondeulle:
Onde eu vou non podes ti seguirme agora, seguirasme despois.
37Pedro replicoulle:
Por que non podo seguirte agora? Estou disposto a dar a miña vida por ti.
38Xesús respondeulle:
Que ti darás a túa vida por min? Con toda verdade cho aseguro: non cantará o galo, antes de que me negues tres veces.
Currently Selected:
Xoán 13: ABGS
Highlight
Share
Copy
Want to have your highlights saved across all your devices? Sign up or sign in
Dereitos reservados: SEPT

: