Marcos 16
16
A resurrección (Mt 28, 1-8; Lc 24, 1-9)
1Pasado o sábado, María Magdalena, María de Santiago e mais Salomé mercaron perfumes para iren embalsamalo. 2E moi cedo, no primeiro día da semana, despois da alborada, foron ó sepulcro. 3Ían comentando entre elas:
Quen nos vai arredar a lousa da entrada do sepulcro?
4Pero, erguendo a vista, descubriron que a lousa estaba arredada; iso que era moi grande.
5Entrando no sepulcro, viron un mozo vestido de branco, sentado no lado dereito, e quedaron espantadas. 6Pero el díxolles:
Non vos espantedes. Buscades a Xesús Nazareno, o crucificado? Non está aquí, resucitou. Mirade o lugar onde o puxeron. 7Agora ídelles dicir ós discípulos e mais a Pedro que el vai diante de vós a Galilea; alí o veredes, como vos ten dito.
8Elas saíron fuxindo do sepulcro, pasmadas e tremendo; e non lle contaron nada a ninguén, do medo que tiñan.
Aparición a María Magdalena (Mt 28, 9-10; Xn 20, 11-18)
9Xesús resucitou no abrente do primeiro día da semana, e aparecéuselle en primeiro lugar a María Magdalena, da que botara sete demos. 10Ela fóillelo dicir ós compañeiros del, que estaban chorosos e tristeiros. 11Pero estes, oíndolle dicir que estaba vivo e que ela o vira, non llo creron.
Aparición a dous discípulos (Lc 24, 13-35)
12Despois disto, aparecéuselles, en figura diferente, a dous que ían de camiño a un lugar. 13Estes fóronllelo contar tamén ós demais, pero nin a eles os creron.
Misión dos discípulos (Mt 28, 16-20; Lc 24, 36-49; Xn 20, 19-23; Feit 1, 6-8)
14Por último, aparecéuselles ós Once mentres estaban á mesa, botándolles na cara a súa incredulidade e a dureza de corazón, por non creren a aqueles que o viran resucitado de entre os mortos. 15E díxolles:
Ide polo mundo enteiro, anunciando a Boa Nova a toda a creación. 16Quen crea e se bautice, salvarase; quen non crea, condenarase. 17Os que crean irán acompañados destes sinais: no meu nome botarán demos, falarán linguas novas; 18collerán serpes coas mans, e se chegan a beber algún veleno, non lles fará mal ningún; imporanlles as mans ós enfermos, e estes curarán.
Ascensión de Xesús (Lc 24, 50-53; Feit 1, 9-11)
19O Señor, despois de lles falar así, elevouse ó ceo, e sentou á dereita de Deus. 20Eles saíron a predicar por todas partes, contando coa colaboración do Señor, que confirmaba a súa palabra cos sinais que os acompañaban.
Currently Selected:
Marcos 16: ABGS
Highlight
Share
Copy

Want to have your highlights saved across all your devices? Sign up or sign in
Dereitos reservados: SEPT

: