YouVersion Logo
تلاش

Xénese 6:1-4

Xénese 6:1-4 ABGS

A humanidade creceu, estendeuse pola terra e nacéronlle fillas. En vendo os fillos de Deus que as fillas dos homes eran belas, tomaron de entre elas mulleres, como ben lles parecía. Entón dixo o Señor: —"O meu alento de vida non permanecerá cos homes para sempre, pois non son máis ca carne. A súa vida non durará máis de cento vinte anos". Cando os fillos de Deus se achegaban ás fillas dos homes e tiñan fillos delas, e aínda despois, existían na terra os xigantes. Son os nomeados heroes doutros tempos.

پڑھیں Xénese 6