Xénese 9
9
Alianza de Deus con Noé
1Deus bendiciu a Noé e ós seus fillos:
—"Crecede, reproducídevos e enchede a terra. 2Que vos teñan respecto e medo os animais todos da terra e os paxaros do ceo. No voso poder están os réptiles todos da terra e os peixes do mar. 3Todo o que vive e se move serviravos para mantenza. Dóuvolo todo, como vos dei os vexetais. 4Mais non comeredes carne coa súa vida, quere dicir, co seu sangue. 5Tamén da vosa vida —do voso sangue— pedirei eu as contas. Pedireillas a todo home da vida do seu irmán. 6Quen mate un home, pola man de home morrerá, pois Deus fixo os homes conforme a súa imaxe. 7Reproducídevos, crecede, espalládevos pola terra e sometédea". 8Deus díxolle aínda a Noé e mais a seus fillos: 9—"Vou establecer a miña alianza convosco e cos vosos descendentes, 10con todos os animais que están convosco, os paxaros, os gandos e as feras todas do monte, cantos saíron da arca e agora viven na terra. 11Fago convosco esta alianza: Endexamais será outra vez destruída vida ningunha polas augas do diluvio; non haberá outro diluvio que estrague a terra".
12E Deus engadiu: —"Este será o sinal da alianza que eu fago convosco e con todos os seres vivos que vos fan compaña, para todos os tempos: 13Poño o meu arco nas nubes, sinal da miña alianza entre min e a terra. 14Cando amoree nubes sobre a terra e apareza o arco nelas, 15lembrarei a miña alianza convosco e con todos os seres vivos, e non haberá máis augas de diluvio que destrúan a vida. 16Aparecerá o arco nas nubes e, ó velo, lembrarei a alianza perpetua entre Deus e todos os seres vivos". 17Deus aclaroulle a Noé: —"Este é o sinal da alianza que establezo entre min e canto ten vida na terra".
Os fillos de Noé
18Os fillos de Noé que saíron da arca eran Sem, Cam e Iafet. Cam era pai de Canaán. 19Eses tres eran os fillos de Noé, e con eles repoboouse a terra toda.
20Noé fíxose labrador e plantou unha viña. 21Bebeu viño, embebedouse e botouse espido na súa tenda. 22En vendo Cam, pai de Canaán, a seu pai espido, saíu a contárllelo ós outros dous irmáns. 23Sem e Iafet colleron un mantelo, puxérono ós ombreiros e, camiñando de costas, cubriron as partes de seu pai. Como miraban cara a atrás, non o viron espido. 24Cando espertou Noé da bebedela e soubo o que lle fixera o fillo máis novo, dixo:
25—"Maldito Canaán!
Sexa para seus irmáns o derradeiro dos escravos". 26E engadiu:
—"Bendito o Señor, Deus de Sem, e que Canaán sexa o seu escravo. 27Estenda Deus a Iafet para que more nas tendas de Sem, e que Canaán sexa o seu escravo".
28Noé viviu, despois do diluvio, trescentos cincuenta anos. 29Por xunto viviu Noé novecentos cincuenta anos, e logo morreu.
موجودہ انتخاب:
Xénese 9: ABGS
سرخی
شئیر
کاپی
کیا آپ جاہتے ہیں کہ آپ کی سرکیاں آپ کی devices پر محفوظ ہوں؟ Sign up or sign in
Dereitos reservados: SEPT

: