Lucas 22
22
A PAIXÓN
Complot contra Xesús (Mt 26, 1-5. 14-16; Mc 14, 1-2. 10-11; Xn 11, 45-53)
1Aproximábase a festa dos Ácimos, chamada tamén a Pascua.
2Os sumos sacerdotes e mais os letrados andaban buscando como quitalo do medio, porque lle tiñan medo á xente.
3Nisto Satán apoderouse de Xudas, chamado o Iscariote, que formaba parte dos Doce, 4e foi falar cos sumos sacerdotes e cos oficiais da garda sobre o xeito de entregalo. 5Eles alegráronse, e acordaron darlle cartos. 6El aceptou, e andaba vendo a ocasión de entregárllelo sen que a xente se decatase.
Preparación da Pascua (Mt 26, 17-19; Mc 14, 12-16)
7Chegou o día dos Ácimos, e había que inmolar o año pascual. 8Mandou a Pedro e a Xoán, dicíndolles:
Ide preparar a cea pascual.
9Eles preguntaron:
Onde queres que a preparemos?
10El respondeu:
Mirade, cando entredes na cidade, havos saír ó paso un home, levando unha ola de auga. Seguídeo ata a casa onde entre, 11dicídelle ó dono da casa: "O Mestre mándanos preguntar: Onde está o lugar no que poida comer a Pascua cos meus discípulos?". 12El havos mostrar no sobrado unha sala grande, xa disposta: facede alí os preparativos.
13Foron eles, atoparon todo tal como lles dixera, e prepararon a Pascua.
A Eucaristía (Mt 26, 26-30; Mc 14, 22-26; 1 Cor 11, 23-25)
14Cando chegou a hora, púxose á mesa cos seus apóstolos. 15Díxolles:
Moito levo desexado comer esta Pascua convosco antes de eu padecer! 16Porque vos digo que xa non a volverei comer ata que chegue o seu cumprimento no Reino de Deus.
17E collendo unha copa, deu grazas e dixo:
Tomade e repartídea entre vós, 18pois asegúrovos que non volverei beber do produto da viña ata que chegue o Reino de Deus.
19E collendo pan, deu grazas, partiuno e déullelo, dicindo:
Este é o meu corpo, que se entrega por vós; facede isto en memoria de min.
20E despois de cear, fixo o mesmo coa copa, dicindo:
Esta copa é a Nova Alianza, selada co meu sangue, que se verte por vós.
21Pero mirade o que vos digo: a man do que me entrega está aquí, sobre a mesa, a carón meu. 22Porque o Fillo do Home vaise, conforme o determinado; pero ai daquel que o entrega!
23Entón empezaron a discutir entre eles, sobre quen podería ser o que ía facer iso.
O máis importante (Mt 20, 25-28; Mc 10, 42-45)
24Armouse tamén unha discusión entre eles sobre a quen deles debían considerar máis importante. Pero el díxolles:
25Os reis dos xentís asobállanos, e os tiranos fanse chamar benfeitores. 26Pero vós non fagades iso; non: que o maior entre vós sexa coma o máis pequeno, e o que goberna, coma quen serve. 27Pois, quen é máis importante, o que está á mesa ou quen o serve? Acaso non é o que está na mesa? Pero eu ando entre vós coma quen serve.
28Pois vós sodes os que quedastes comigo nas miñas probas. 29E, coma o meu pai o dispuxo para min, así eu teño disposto para vós un reino, 30para que, cando eu sexa rei, comades e bebades na miña mesa, e sentedes en tronos para xulgar as doce tribos de Israel.
Anuncio das negacións de Pedro (Mt 26, 31-35; Mc 14, 27-31; Xn 13, 36-38)
31Simón, Simón, mira que Satán vos reclamou para vos peneirar coma o trigo! 32Pero eu roguei por ti, para que a túa fe non falle; e ti, ó que te arrepintas, debes confirmar os teus irmáns.
33Díxolle el:
Señor, estou disposto a ir á cadea e á morte contigo.
34Respondeulle Xesús:
Ten por seguro que hoxe, antes de que o galo cante, negarás tres veces que me coñeces.
35E logo preguntoulles a todos:
Cando vos mandei sen bolsa, alforxas e calzado, sentistes falta de algo?
Eles responderon:
De nada.
36El continuou:
Pois agora quen teña unha bolsa, que a colla e que colla tamén unha alforxa; e quen non teña espada, que venda o seu manto e que merque unha. 37Porque vos aseguro que é preciso que se cumpra en min aquilo que está escrito: "Foi contado entre os malfeitores". E o tocante a min vaise cumprir.
38Eles dixéronlle:
Señor, temos aquí dúas espadas.
Contestoulles:
Basta. Xa está ben.
No Monte das Oliveiras (Mt 26, 36-46; Mc 14, 32-42)
39Despois de saír, foise como facía sempre ó Monte das Oliveiras, seguido dos seus discípulos. 40Cando chegaron ó sitio, díxolles:
Rogade que non caiades na tentación.
41E arredándose deles, coma un tiro de pedra, púxose a rogar axeonllado:
42Meu Pai, se queres, arreda de min este cáliz. Pero que non se faga a miña vontade, senón a túa.
43E un anxo do ceo aparecéuselle para confortalo. 44E cheo de angustia, pregaba con máis teima aínda, mentres suaba coma pingas de sangue que esvaraban ata o chan.
45Erguéndose da oración, volveu onda os discípulos e atopounos durmidos por mor da tristeza. 46Díxolles:
Como é que estades a durmir? Erguédevos e rogade, para que non caiades na tentación.
Traizón e arresto (Mt 26, 47-56; Mc 14, 43-50; Xn 18, 3-11. 20)
47Estaba aínda falando, cando apareceu xente; á fronte deles viña o chamado Xudas, un dos Doce; e achegouse a Xesús, para lle dar un bico. 48Pero Xesús díxolle:
Xudas, cun bico entregas o Fillo do Home?
49Entón os seus acompañantes, decatándose do que pasaba, preguntáronlle:
Señor, sacamos as espadas?
50E un deles feriu ó criado do Sumo Sacerdote, rabenándolle a orella dereita.
51Pero Xesús díxolle:
Deixádeos facer.
E tocándolle a orella, sandoulla.
52Entón díxolles ós que viñan contra el, sumos sacerdotes, oficiais da garda do templo e anciáns:
Viñéstesme prender con paus e espadas, coma se fose un bandido. 53Pero eu estiven a diario convosco no templo, e non me puxestes as mans enriba. Ben: esta é a vosa hora, e o poder das tebras.
As negacións de Pedro (Mt 26, 57-58. 69-75; Mc 14, 53-54. 66-72; Xn 18, 12-18. 25-27)
54Prendérono e levárono á casa do Sumo Sacerdote. Pedro seguíao de lonxe. 55Encenderon lume no medio do patio, e sentaron arredor; e Pedro sentou tamén no medio deles. 56Pero unha criada, viuno sentado a carón do lume, cravou os ollos nel e dixo:
Este tamén andaba con el.
57El negouno dicindo:
Muller, eu non o coñezo.
58Pouco despois viuno outro criado, e dixo:
Ti es deles tamén.
Pero Pedro exclamou:
Non, home, non son.
59Unha hora máis tarde, aínda volveu insistir outro criado:
Si, seguro que andaba con el, que é galileo.
60Pedro replicou:
Pero home, eu non che sei de que falas.
E no intre, estando aínda el a falar, cantou o galo. 61O Señor, volvéndose, mirou a Pedro, e este acordouse das súas palabras: "antes de que o galo cante hoxe, ti hasme negar tres veces". 62Saíu para fóra, e chorou amargamente.
Burlas e golpes a Xesús (Mt 26, 67-68; Mc 14, 65)
63Os homes que o tiñan preso burlábanse del e mallábano; 64tapábanlle a cara e preguntábanlle:
Fai agora de profeta: quen che zoupou?
65E aldraxábano, dicíndolle outras moitas cousas.
Xesús ante o Sanedrín (Mt 26, 59-66; Mc 14, 55-64; Xn 18, 19-24)
66Cando se fixo de día, reuniuse o Consello dos anciáns do pobo, os sumos sacerdotes e mais os letrados, e acordaron levalo ó Sanedrín. 67E dixéronlle:
Se ti es o Mesías, dínolo.
El contestoulles:
Se volo digo, non me ides crer; 68se vos fago preguntas, non me ides responder. 69Pero desde agora o Fillo do Home estará sentado á dereita do Todopoderoso.
70Preguntáronlle todos:
Logo es ti o Fillo de Deus?
El respondeu:
Vós o dicides: eu son.
71Eles exclamaron:
Para que máis testemuñas? Xa llo oímos nós mesmos da súa boca.
موجودہ انتخاب:
Lucas 22: ABGS
سرخی
شئیر
کاپی
کیا آپ جاہتے ہیں کہ آپ کی سرکیاں آپ کی devices پر محفوظ ہوں؟ Sign up or sign in
Dereitos reservados: SEPT

: