1
Lucas 6:38
Biblia SEPT
Dade, e darásevos a vós: unha boa medida acugulada, rebordada, apertada seravos botada no voso regazo; pois coa medida que midades hanvos medir a vós.
موازنہ
تلاش Lucas 6:38
2
Lucas 6:45
O home bo saca o ben da bondade do seu propio corazón, e o home malo saca o mal da súa maldade, pois do que reborda o corazón fala a boca.
تلاش Lucas 6:45
3
Lucas 6:35
Vosoutros non; vós amade os vosos inimigos, facede o ben e emprestade sen esperardes nada a cambio. E así teredes unha gran recompensa e seredes fillos do Altísimo, pois El é bo cos malos e desagradecidos.
تلاش Lucas 6:35
4
Lucas 6:36
Sede compasivos coma o voso Pai é compasivo.
تلاش Lucas 6:36
5
Lucas 6:37
Non xulguedes, e non vos xulgarán; non condenedes, e non vos condenarán; perdoade, e hanvos perdoar.
تلاش Lucas 6:37
6
Lucas 6:27-28
Pero a vós, que me escoitades, dígovos: Amade os vosos inimigos, facédelles ben ós que vos odian, bendicide ós que vos maldín e rogade polos que vos calumnian
تلاش Lucas 6:27-28
7
Lucas 6:31
Así que tratade á xente tal como queredes que vos traten a vós.
تلاش Lucas 6:31
8
Lucas 6:29-30
ó que che zoupe nunha meixela, preséntalle a outra; e ó que che leve o manto, non lle prives de levar tamén a túnica. O que che pida, dálle; e ó que che leve o teu, non lle reclames nada.
تلاش Lucas 6:29-30
9
Lucas 6:43
Non hai árbore boa que produza froitos ruíns, nin tampouco árbore ruín que produza froitos bos.
تلاش Lucas 6:43
10
Lucas 6:44
Así, cada árbore coñécese polos seus froitos. Pois dos toxos non se collen figos, nin das silveiras se vendiman uvas.
تلاش Lucas 6:44
صفحہ اول
بائبل
مطالعاتی منصوبہ
Videos