por iso coidei que non era digno de ir ó teu encontro. Abonda cunha palabra túa, e o meu criado quedará curado. Pois eu, aínda que son un subordinado, tamén teño homes baixo as miñas ordes, e dígolle a este "vai", e vai; a aqueloutro "ven", e vén; e ó meu criado "fai isto", e faino.
Oíndo aquilo, Xesús ficou abraiado, e virándose díxolle á xente que o seguía:
Asegúrovos que nin en Israel atopei tanta fe.