Xénese 10
10
Táboa dos pobos
1Estes son os descendentes dos fillos de Noé, nacidos despois do diluvio.
2Descendentes de Iafet: Gomer, Magog, Madai, Iaván, Tubal, Méxec e Tirás. 3Descendentes de Gomer: Axcanaz, Rifat e Togarma. 4Descendentes de Iaván: Eliseo, Tarxix, os Quitim e os Dodanim. 5Deles descenden os pobos marítimos, cada un na súa terra e coa súa lingua, por familias e por nacións.
6Descendentes de Cam: Cux, Exipto, Put e Canaán. 7Descendentes de Cux: Sebá, Havilah, Sabtah, Ramah e Sabtecá. Descendentes de Ramah: Xebá e Dedán. 8Cux tivo a Nimrod, que empezou a facer valentías na terra. 9Foi un cazador valente á vista do Señor, segundo o dito que corre: —"Cazador valente á vista do Señor, coma Nimrod". 10Empezou sendo rei de Babel, Érec, Acad e Calneh, no país de Xinar. 11De alí emigrou para Asur e construíu Nínive, Rehobot-Ir, Calah 12e Resen, a grande cidade entre Nínive e Calah. 13Exipto xerou os lidios, os anamitas, os lehabitas, os naftuhitas, 14os patrusitas, os casluhitas e os caftoritas, dos que veñen os filisteos. 15Canaán xerou a Sidón, seu primoxénito, a Het, 16ós iebuseos, ós amorreos, ós guirgaxitas, 17ós hivitas, ós arquitas, ós sinitas, 18ós arvaditas, ós semaritas e ós hamatitas. Despois os clans dos cananeos estendéronse e 19As súas fronteiras abranguían desde Sidón, cara a Guerar, ata Gaza, incluíndo tamén Sodoma, Gomorra, Ademah Seboim preto de Laxa. 20Estes foron os descendentes de Cam por clans e linguas, nas súas respectivas terras e nacións.
21Tamén Sem tivo descendentes; o irmán máis vello de Iafet foi o pai de todos os heberitas. 22Descendentes de Sem: Elam, Asur, Arfaxad, Lud e Aram. 23Descendentes de Aram: Us, Hul, Guéter e Max. 24Arfaxad tivo a Xálah e este a Héber. 25Héber tivo dous fillos: o primeiro chamábase Péleg, por razón de que nos seus días se dividiu a xente da terra; seu irmán chamábase Ioctán. 26Ioctán xerou a Almodad, a Xelef, a Haarmot, a 27Iárah, a Hadoram, a Uzal, a Diolah, 28A Obal, a Abimael, a Xebá, 29A Ofir, a Havilah e a Iobab. Todos estes eran fillos de Ioctán. 30Habitaban na montaña oriental, desde Mexá ata Sefar. 31Estes foron os fillos de Sem, segundo as súas familias, linguas, países e nacións.
32Estes foron os clans dos fillos de Noé, segundo as súas liñaxes nas propias nacións; e desde elas espalláronse os pobos pola terra, despois do diluvio.
موجودہ انتخاب:
Xénese 10: ABGS
سرخی
شئیر
کاپی
کیا آپ جاہتے ہیں کہ آپ کی سرکیاں آپ کی devices پر محفوظ ہوں؟ Sign up or sign in
Dereitos reservados: SEPT